Crónica Banda Bassotti + Nao (Sala Malatesta, 29-10-15)

Xoves 29 de outubro do 2015, Compostela.

Máxima expectación polo que está por vir.

Unha sala pechada durante anos, cuxo nome non caera no esquecemento: Nasa. Rumores de retorno, un novo nome: a sala Malatesta abre as súas portas, nada máis e nada menos que con Banda Bassotti, unha das máis coñecidas bandas italianas da canción revolucionaria a ritmo de Ska. O posto de “Banda Sorpresa” que se indicaba no cartaz foi finalmente cuberto polos coñecidos pontevedreses NAO.

cartaz nao

Co público xa gañado de antemán, os da Estrada  comezaron co seu potente directo sen cuartel. Baixo e dúas guitarras defendían cadansúa liña con seguridade, facendo que o cuarteto soase con toda a súa potencia, pese á falta de pegada do batería nalgúns momentos. Unhas liñas melódicas ben traballadas que encaixaban perfectamente con riffs máis potentes, achegando por intres o seu son ao Metal, feito que podería explicar a súa presencia no Resurrection Fest do 2013.

Berros de “Galiza ceibe, poder popular” e “independencia” coábanse entre tema e tema, por parte dun público que se deixou os pulmóns en cancións como “O Mundo é Noso” e “Cartas no Caderno”.

Nao

Remataban NAO con “Os Vampiros” e o listón ben alto, e subían ao escenario os veteranos italianos. Varias bandeiras ondeaban agora no palco, deixando clara calquera dúbida que se puidese derivar da mensaxe contida nas letras de Banda Bassotti.

Unha rítmica rápida e chea de contratempos víase ensalzada con alegres melodías de trombón e trompeta. Os romanos sorprenderon cun repertorio cheo de temas directos, potenciados con varias voces ao unísono, que deron lugar a un ambiente festivo, mantendo alto os ánimos do público ate o final, pero sen acadar o nivel dos que pisaran as táboas con anterioridade.

Os saltos, berros, palmas e pogos estiveron presentes en todo momento, e algún dos membros de cada unha das agrupacións foron manteados polo público ao final de cadansúa interpretación.

Un público máis que satisfeito e unha sala Malatesta ateigada, que dará moito de que falar nos próximos meses.

naoasd

Fotos cortesía de DROWN YOUR SORROWS PROMOTIONS || DYSPROMOTIONS.COM

Facebook: https://www.facebook.com/DySPromotions?_rdr=p

Crónica por Héitor Amenaza, administrador de Conzerto en A Coruña

1 Comentario

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*